agonia portugues v3 |
Agonia.Net | Regras | Mission | Contato | Participar | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||
Artigo Comunidades Concurso Crônica Multimídia Pessoais Poesia Imprensa Prosa _QUOTE Roteiro Especial | ||||||
![]() |
|
|||||
![]() |
agonia ![]()
■ A 8th Bienal do Douro sem limites ![]()
Romanian Spell-Checker ![]() Contato |
- - -
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 2005-12-04 | [Este texto deve ser lido em espanol] | Submetido por Valeria Pintea
Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar, mórrome de soidades. I Cando vos oyo tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno á chorar. Cando de lonxe vos oyo, penso que por min chamades, e d'as entrañas me doyo. Dóyome de dor ferida, qu'antes tiña vida enteira y hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que d'aló me trouxeron os que d'aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Qu'os amores xa fuxiron... As soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pol-a mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña. Com'unha craba lixeira, para oir d'as campaniñas a batalada pirmeira. A pirmeira d'alborada que me traen os airiños, por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, n-as suas alas m'a traen rebuldeira e queixumbrosa. Queixumbrosa e retembrando por antr'a verde espesura, por antr'o verde arborado. E pol-a verde pradeira, por riba d'a veiga llana, rebuldeira e rebuldeira. III Paseniño, paseniño, vou pol-a tarde calada, de Bastabales camiño. Camiño d'o meu contento; y en tanto o sol non se esconde, n-unha pedriña me sento. E sentada estou mirando cómo'a lua vai saindo, cómo o sol se vai deitando. Cál se deita, cál se esconde, mentras tanto corre a lua sin saberse para donde. Para donde vai tan soya, sin qu'ôs tristes qu'a miramos nin nos fale, nin nos oya. Que si oíra e nos falara, moitas cousas lle dixera, moitas cousas lle contara.
|
||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() | |||||||||
![]() |
Portal de Literatura, Poesia e Cultura. Escreva e desfrute os artigos, crônicas, prosa, poesia clássica e concursos. | ![]() | |||||||
![]() |
A reprodução de qualquer material sem a nossa permissão é estritamente proibida.
Copyright 1999-2003. Agonia.Net
E-mail | Regras para publicação e de privacidade